Noia, 23 de maio de 2011. A Asociación Balandro Joaquín Vieta reclama, en nota de prensa, "a posibilidade e o dereito de que o balandro Joaquín Vieta, patrimonio de todos os noieses e noiesas, poida entrar e atracar ou fondear nun futuro próximo no porto de Noia, para desfrute de todos. Noia non pode, non debe renunciar á potencialidade turística que supón a presenza do noso veleiro nas suas aguas, no seu porto".
Segundo esta entidade, "cando a nosa asociación decidiu rehabilitar o balandro, entre as suas motivacións estaba o reclamo que ía supoñer para a xente de fóra. O noso veleiro debe estar no seu porto natural, que é o de Noia. Para poder levar a cabo isto é preciso que Noia recupere o seu porto. Por iso é necesario conservar a canle de acceso ao porto e, por suposto, a escolleira. Tamén sería imprescindible que a futura ponte sobre a Ría acadara no seu arco central a altura de 20 metros. A Asociación Joaquín Vieta, pídelle ás institucións implicadas (Concello de Noia, Xunta de Galicia e Ministerio de Medio Ambiente) e ao conxunto da sociedade noiesa, que cadaquen, dentro do seu ámbito e as súas competencias, poñan os medios necesarios para conseguir este obxectivo. Agora é o momento; ainda estamos en tempo. Se se retirara a escollera ou se se construíra a ponte tal e como contempla o actual proxecto da Xunta, Noia deixaría fóra e para sempre esta xoia do seu patrimonio, que é o veleiro Joaquín Vieta", conclúen.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario