A Pobra do Caramiñal, 23 de maio de 2011. Un ano máis, os funcionarios da bisbarra volveron honrar a súa patroa, Santa Rita. Nesta edición, a festa celebrárona na localidade pobrense, onde se reuniron máis de cen traballadores procedentes dos municipios de Rianxo, Boiro, Lousame, Noia, Outes, A Pobra e Porto do Son.
Foi unha xornada moi especial, xa que moitos dos asistentes só se ven nesta ocasión, de ano en ano. Houbo intercambio de impresións sobre os convenios colectivos a rebaixa dos soldos e a proximidade das eleccións (celebrouse o venres 20 de maio). Recepción no concello Á cita acudiron representantes da maioría dos concellos onde desempeñan os seus labores como funcionarias e funcionarios. Os actos arrancaron ao mediodía cunha recepción no concello pobrense, onde o alcalde, Isaac Maceiras, foi o encargado de darlles a benvida. A continuación, tivo lugar unha misa na igrexa parroquial de Santa María A Antiga do Caramiñal. Nada máis rematar os oficios relixiosos, os asistentes trasladáronse ao Museo Valle-Inclán, onde puideron coñecer parte da obra do dramaturgo e obxectos persoais do autor de Divinas palabras, da man da técnico do museo, Begoña Olveira. A xornada continuou no restaurante Pazo das Xunqueiras, onde efectuaron o xantar de confraternidade. Ás sobremesas, os políticos asistentes á celebración dirixíronlles uns breves discursos nos que, ademais de felicitalos polo traballo que realizan, animáronos a continuar coa súa labor.
Pero non todo foi comer. A media tarde, a música invadía o salón de celebracións e os máis atrevidos saíron á pista para bailar. Os organizadores desta tradicional cita anual tiñan tamén unha sorpresa para os seus compañeiros: pases para acudir a unha céntrica discoteca da localidade para seguir a festa.
Os funcionarios que acudiron á vila pobrense non se foron de baleiro. O Concello obsequiounos con varias guías alusivas do municipio e tamén a Mancomunidade Arousa Norte quixo estar presente cuns orixinais paraugas que se levaron de recordo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario