Organizadas pola Mancomunidade Arousa Norte, participaron case cincocentos alumnos dos institutos de Boiro, Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal
Rianxo, 25 de maio de 2011. Rianxo será o último concello no que se realice a actividade de perspectiva de xénero que organiza a Mancomunidade de Municipios ría de Arousa-zona norte e nela participarán 80 mozos e mozas do Instituto de Educación Secundaria (IES) Félix Muriel. A actividade terá lugar no auditorio de Rianxo, este xoves 26 de maio ás 11.00 horas. Previamente xa se realizaron tres xornadas nos concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro e Riveira e nas que participaron 350 alumnos e alumnos dos IES da Pobra do Caramiñal, Praia Barraña, Espiñeira, A Cachada, Leliadoura e Nº 1 de Ribeira. Estes datos supoñen a participación de sete IES da comarca do Barbanza, 433 mozos e mozas que cursan os estudos de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacherelato. O proxecto propón a análise das cancións e produtos musicais que consume a mocidade dende unha perspectiva de xénero a través dun concerto. Nesta actuación recitaranse aquelas cancións que falan de relacións de parella, dos ideais románticos, dos celos, da posesión, da dependencia, etc. e que transmiten valores que fomentan as desigualdades entre homes e mulleres, que perpetúan prexuízos sobre os hábitos sexuais ou favorecen falsos ideais románticos. A través deste concerto preténdese fomentar a prevención da violencia de xénero na mocidade, sensibilizar á mocidade en igualdade de xénero, analizar os produtos musicais que consume a mocidade dende a perspectiva de xénero e espertar a análise crítica na mocidade para evitar a perpetuación de estereotipos de xénero. Para levar a cabo estas actuacións, Arousa Norte contará coa colaboración do Grupo Chévere de teatro. Para a selección e programación desta actividade fixéronse previamente dúas reunións cos profesores implicados dos institutos de educación secundaria (IES) dos catro concellos. Este proxecto levarase a cabo co financiamento dunha subvención concedida pola Sección de Servizos Socias, dependente do Servizo de Fomento e Servizos Provinciais, da Deputación da Coruña.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario