Rianxo, 26 de maio de 2011. No transcurso dunha pregunta parlamentaria ao Goberno sobre as previsións de instalación dun surtidor de combustible no porto de Rianxo o deputado do BNG, Bieito Lobeira fixo extensible esta petición para os portos galegos ao fin de subministrar gasolina profesional, a metade de prezo, a mariñeiros e pequenos armadores.
Lobeira considerou que así como para o uso agrario hai gasolina profesional no caso da pesca tamén o gasóleo é profesional e a gasolina pode selo na mesma medida "pero lamentablemente, non é así, quizais –asegurou- para evitar picaresca e utilizar esta gasolina para outros usos que non sexa o profesional".
Neste sentido, dixo que existen métodos para controlar o destino deste combustible como xa ocorre no porto de A Coruña e lembrou que no Parlamento galego foi aprobada unha Proposición non de lei para poñer en marcha un proceso de negociación para a instalacións destes surtidores.
Lobeira afirmou que no caso de Rianxo é “unha verdadeira necesidade” este servizo, por mor do volume de embarcación pequenas que utilizan o porto e polo momento de crise económica.
Marcado químico custoso
Pola súa parte, o director de Portos de Galicia explicou que o problema crítico da gasolina bonificada é o custoso marcado químico que precisa para evitar problemas de fraude e afirmou que o Goberno galego segue traballando co provedor para garantir o subministro que con toda probabilidade será viable este ano.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario