As Médulas foron minas de ouro e outros minerais do Imperio Romano Ribeira, 30 de maio de 2011. O Departamento de Servizos Sociais informa de que xa está aberto o período de inscrición para participar na viaxe con destino ás Médulas e León, organizada no marco do programa de Saídas Culturais dirixidas ao colectivo da terceira idade do municipio.
Esta viaxe terá lugar os días 8 e 9 de xuño e incluirá a visita a diferentes lugares tan identificativos da cidade de León, como a Catedral, o casco antigo ou a Basílica de San Isidoro. A localidade de Astorga será tamén obxecto de percorrido, con visita guiada ao Palacio Episcopal, a Catedral e o seu museo.
Os maiores interesados teñen ata o día 3 de xuño, este venres vindeiro, para anotarse. O prezo por participar é de 129 euros. Inclúe desprazamento en autocar, comidas, guía e seguro de viaxe.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario