Rianxo, 30 de maio de 2011. A partir do vindeiro mes de xuño o Concello de Rianxo realizará un obradoiro de emprendemento e creación de empresas subvencionado pola Deputación da Coruña. A finalidade do mesmo é a promoción do autoemprego e do emprendemento así como a búsqueda de novos xacementos de emprego.
O lugar de celebración será o Centro Sociocultural-Auditorio en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas.
Para máis información e inscrición acudir a Servizos Sociais (crta. de Tanxil, 12) ou ben chamando ao 981860061/667185588. Correo-e: servizos.sociais@concelloderianxo.es
Data límite de inscrición ata o 8 de xuño.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario