Ribeira, 25 de maio de 2011. Os escasos resultados do pasado domingo nas eleccións locais nalgunhas formacións seguen a cobrarse víctimas políticas, en forma de dimisións. Desta volta tocoulle á bisbarra de Barbanza, onde unha histórica do nacionalismo, a candidata á alcaldía por dúas veces do Bloque Nacionalista Galego en Ribeira, Dominga Brión, presentou hoxe a súa renuncia. "Quería anunciarvos que non vou a tomar posesión como concelleira do Concello de Ribeira. Foi unha honra para min representar ao pobo de Ribeira durante 14 anos como concelleira, 8 deles como voceira municipal do BNG. Despois de todos estes anos nos que me impliquei intensamente, adicando boa parte do meu tempo de ocio de maneira desinteresada, na defensa dos intereses dos veciños e veciñas deste concello, considero que chegou o momento de pechar un ciclo na miña vida e deixar paso a outros compañeiros e compañeiras", explica no seu blog. "Foi unha mágoa que todo o intenso traballo feito non o puideramos ou non o souberamos transmitir á cidadanía. Agradezo especialmente o respaldo obtido. Grazas á confianza e apoio das 2.328 persoas que nos deron o seu voto seguimos sendo a segunda forza política con catro concelleiros e concelleiras, a pesar do importante revés electoral. A todas as persoas que confiaron en nós teño que dicirlles que o BNG vai a seguir facendo o seu traballo tanto dende a organización como dende o ámbito institucional, cun grupo municipal liderado por Xosé Luís Groveiro, e que contará ademais con Ánxeles González Cruxeiras, Luís Teira e Carme Lampón", conclúe. Valoración da Asemblea Local, que lamenta a marchaA Asemblea Local do BNG de Ribeira, diante da dimisión presentada por Dominga Brión, fixo unha valoración moi positiva do seu labor ao frente da organización en Ribeira durante estes últimos anos. Tamén quixo agradecer os seus esforzos e dedicación e lamentar, aínda que comprendéndoa, a súa decisión.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario