Unha adaptación da canción “Flores en la Carretera” servirá de particular homenaxe á Campaña Libre polos alumnos da escola
Ribeira, 31 de maio de 2011.- O Auditorio Municipal acubillará este domingo, día 5 de xuño, a partir das 20.30 horas dun Festival de Danza Clásica para poñer o broche final ao curso 2010-2011 da Escola Municipal de Ballet. A directora da escola, Cristina Riveiro, e o concelleiro en funcións de Cultura e Festexos do Concello, Luciano Fernández, foron os encargados de falar do programa do evento, no que participarán un total de 45 alumnas e alumnos, repartidos en catro grupos e con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos. Á hora de confeccionar o repertorio do festival pretendeuse, en palabras da propia directora, darlle un aire fresco á musica que soará no evento. Por tal motivo, ademais de composicións orixinais de Leroy Anderson (“El gato valseador”, Césare Pugni (“La vivandière, pas de six”), Orchester Kindersinfonie (“Sinfonía), Johan Strauss (“Marcha”), e Dulce Pontes e Andrea Bocelli (“O mar e tu”), o programa garda unha sorpresa final: a posta en escena do tema “Flores en la Carretera”, dos ribeirenses Jabon Blue na súa versión arranxada por Luis Cobos, con coreografía realizada expresamente da propia Crisina Riveiro. Con esta adaptación, a Escola Municipal de Ballet quere aportar o seu particular grao de area á Campaña Libre de Alcol, Libre de Preocupacións, promovida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude. A este respecto, o edil Luciano Fernández destacou o feito de que, logo de que no pasado 13 de maio Jabon Blue e Luis Cobos mesturaron música rock e clásica para tocar esta canción na Praza de España, agora vense a sumar a danza a esta combinación. Así mesmo, o concelleiro Fernández Martínez puxo de relevo a traxectoria da Escola Municipal de Ballet, fundada fai 13 anos, á hora de introducir o mundo da danza en Ribeira, así como a máis recente posta en marcha dunha segunda escola especializada en Danza Contemporánea. Tamén salientou o valioso aporte de Cristina Riveiro, que leva 8 anos ao fronte da Escola de Ballet. Pola súa parte, a directora agradeceu a confianza recibida ao longo destes anos por parte do edil municipal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario