Ribeira, 31 de maio de 2011. A Concellería de Cultura e Festexos da Corporación Municipal en funcións informa do concerto que este sábado terá lugar no Auditorio Municipal de Riveira a cargo do grupo folk Loaira.
A actuación, que é de balde, terá lugar ás 22.30 horas e as entradas poderanse retirar media hora antes do inicio da mesma.
Clara Pino (arpa celta e voz), Rubén Abel (guitarra) e Roi Adrio (percusión) compoñen este grupo de recente formación, que é herdeiro de anteriores combos vinculadas á música tradicional galega, como Covalblú ou Sete Saias.
Dende a Concellería quérese convidar a todos os afeccionados á musica folk a que non deixen de acudir a este concerto, no que está confirmada a asistencia da delegación italiana que procedente da rexión de Bari vai pasar esta semana no municipio con motivo do programa Comenius Regio sobre mediación educativa.
O mesmo día, en Ribeira:A derradeira andaina da tempada, o 4 de xuño a Ons
Este sábado 4 de xuño, Muiñada de Amendo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario