Flickr de Stuck in CustomsRibeira, 25 de maio de 2011. Preto dun cento de motos Harley Davidson percorrerán este venres, día 27 de maio, Palmeira e as rúas de Santa Uxía e concentraranse na praza do Concello para exhibir exemplares desta lendaria marca estadounidense ante os veciños do municipio.
O desfile dará inicio ás 18 horas dende Insuela, en Palmeira. Tras chegar á cidade pola avenida da Coruña, os vehículos de dúas rodas circularán polas Carolinas e o paseo Malecón e chegarán ata o fronte da Casa Consistorial por Rosalía de Castro (dende onde está o Boulevard), emprazamento en que os pilotos deixarán aparcadas as súas motos para admiración dos presentes.
Visita ao museo
Os participantes aproveitarán a súa estancia en Ribeira para coñecer, da man da directora da Casa Museo Municipal, Pilar Casas, o lugares máis emblemáticos da cidade, entre eles o propio museo. Ademais recibirán material turístico do municipio. A actividade prolongarase ata as 21 horas.
Esta iniciativa está promovida polas Concellerías de Cultura e Festexos e de Xuventude e Turismo do Concello de Ribeira, e conta coa colaboración dos colectivos moteiros HOG Galicia Chapter España e HOG Coruña Chapter Spain.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario