Boiro, 30 de xuño de 2011. O vindeiro día 11 de xullo darase o pistoletazo de saída ás Escolas Deportivas Municipais de volei praia deste verán 2011. Contarase con dous monitores especializados na materia e as sesións celebraránse tódolos luns, mércores e venres na área deportiva do areal de Barraña en horario de 11:00-12:30. Para inscribirse na actividade tan só deberán achegarse á área de deportes do Concello de Boiro sita na casa da cultura. Agardan manter o crecemento gradual dos últimos tempos e superar os case 50 rapaces e rapazas inscritos do ano pasado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario