23.6.11

A Pobra do Caramiñal: o Concello di que a posta a punto da praia do Areal vai retrasada pero estará amañada a primeiros de xullo

Media_httpfarm5static_xaybv

A Pobra, 23 de xuño de 2011. Segundo explica o Concello en nota de prensa, "como todos os anos na praia do Areal na Pobra do Caramiñal, a comezos do verán faise o movemento de area, debido a que no inverno cos temporais as mareas depositan a area na rampa do pantalán. Este ano vai cun pouco de retraso debido ás obras que se están levando a cabo no Areal, provocadas polos temporais que fixeron  que se esbarrigara o muro de contención da praia". A obra é da empresa Tragsa, a mesma que fará o movemento de area.  As obras son de Costas, do Estado, polo tanto ó concello non se lle cargan os gastos.

A primeiros de xullo este areal contará con tódolos servizos, como duchas, recollida de lixo, limpeza manual e tamén con maquinaria.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical