Ribeira, 23 de xuño de 2011. Unha ducia de asistentes ao Centro de Día de Riveira teñen previsto visitar mañá venres, polo San Xoán, o parque periurbano de San Roque. A chegada a este espazo está prevista entre as 11.30 horas e as 12 do mediodía.
Unha vez alí, terán a oportunidade de ver as dúas salas de exposicións que acolle o Centro de Interpretación Arqueolóxica situada no parque. Unha é “A pegada e o reflexo”, que se centra no Megalitismo, Idade de Bronce e Idade de Ferro. A outra é “A través do Tempo”, unha evolución cronolóxica dos recursos patrimoniais do Concello de Ribeira.
A visita incluirá tamén un percorrido polo Parque de San Roque, onde poderán ver in situ as reproducións e réplicas (dolmen, anta, petróglifos...) que se atopan no seu interior.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario