O edificio da Casa da Xuventude foi unha enorme chapuza dende os cimentos. Rivas agarda tela en funcionamento -pero efectivo- en setembro ou outubro Ribeira, 28 de xuño de 2011. No encontro mantido no día de onte entre colectivos xuvenís (representados pola asociación Flor de Toxo) e diversas ANPA (representadas pola do colexio de Aguiño) co alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, abordáronse os seguintes asuntos:
- A posta en funcionamento da Casa da Xuventude, coa que Ruíz se comprometeu a poñer en marcha en setembro ou outubro e sinalou que xa se está traballando nas filtracións de auga.
- A creación dunhas pistas deportivas no centro da cidade, ante o que sinalou a complicación desta infraestrutura "por non dispoñer o concello de parcelas axeitadas na capital do municipio".
- O control, por persoal do concello, nos pasos de peóns ás saídas e entradas do colexio para evitar atropelos. Indicando que se intentará, polo menos nos de máis importancia, xa que non se dispón dos suficientes traballadores.
- A apertura das pistas dos colexios públicos, durante as fins de semana. Explicou Ruiz Rivas que xestionará esta petición coas direccións dos distintos centros.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario