12.6.11

Ribeira: homenaxean ao concelleiro de Cultura saínte, Luciano Fernández, cunha cea e estatua exclusiva

Ribeira, 12 de xuño de 2011. Onte pola noite, sábado 11 de xuño, nun restaurante local, todos os compañeiros/as que traballaron na Concellería de Cultura ribeirense durante os anos que foi concelleiro Luciano Fernández, organizáronlle unha cea de despedida. Alí agasallárono cunha figura do escultor de Aguiño Jontxu Argibay, que elaborou a súa última creación nunha serie limitada exclusiva. A peza en cuestión chámase "A despedida" e foi creada inspirada por este acontecemento. Os participantes na cea foron 18 persoas: Montse, Cuca, Paca, Elena, Manolo, Manolo Saborido, Juanjo, Cuchi, José O Cabo, Miguel Ruiz, Mario, Javier, Cristina, Chiki, Unai, Vicente, Paisal e Carmencita, ademais de Luciano e Mónica como convidados de honra.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1 comentario:

Verdades Coma Puños dijo...

Manda demo... aínda se lle fai unha homenaxe a este personaxe... Si o conto ten o seu aquel.
Supoño que as conservas dos entrantes xa as poría él (aínda debe ter na casa aquelas do "Chapapote") e a música poríalla o seu amigo Javi Maneiro, que ben cobrado o ten.
Só espero que agora, que vai ter máis tempo, se lle de por aprender como funciona un calendario de mareas (xa que é conserxe de pesca) para que non se lle molle o coche... por dentro.
Sinto Luciano... por min non mereces ningunha homenaxe!!

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical