8.7.11

Deportes: recepción ao Atlético Riveira no Concello tras gañar a Copa do Sar

  • É a primeira vez que este equipo gaña este trofeo
Ribeira, 8 de xullo de 2011. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, recibiu na tarde de onte no Salón de Plenos da Casa Consistorial á directiva, corpo técnico e xogadores do Atlético Riveira, que veñen de conquistar a Copa do Sar por primeira vez na súa historia, en partido disputado o pasado domingo en San Lázaro contra o Lamela. Os integrantes do equipo futbolístico quixeron ofrecer o trofeo en acto oficial ao alcalde como representante de todos os cidadáns do concello. 

O presidente do club, Alberto Villaverde foi o primeiro en intervir. Tras recordar que facía pouco que o equipo fora recibido nese mesmo solemne espazo (foi o 13 de maio, con motivo da subida a primeira autonómica, en que os recibiu Torres Colomer) Villaverde tivo palabras de alabanza para os preto de mil siareiros que acudiron a San Lázaro, para os seus xogadores e corpo técnico e tamén para a propia cidade: “Sempre  representaremos a Riveira por todos os rincóns e lugares que visitemos –manifestou-, facendo o posible para conquerir os mellores logros para a cidade e a entidade”. 

Ricardo Villaverde tamén recordou o pasado de Ruiz Rivas como xogador e adestrador da entidade que el preside e felicitouno polo labor que está realizando á fronte do Concello dende que tomou posesión. 

Pola súa parte, o rexedor riveirense, quen tamén lembrou que case vinte anos da súa vida os pasou no Atlético Riveira, declarou que “un resultado como este pode cambiar a faciana dun pobo”. Así mesmo, Ruiz Rivas dixo que o fútbol ten que recuperar o potencial que lle corresponde e que o feito de poder acudir dúas veces ao Salón de Plenos en practicamente dous meses é síntoma de que se están facendo as cousas ben. “Non me cabe a menor dúbida de que dentro dun ano estaremos de novo aquí”, concluíu. 

Antes de rematar o acto oficial aínda falaría José López (“o mellor embaixador do equipo” en palabras de Ricardo Villaverde) e  ao final os integrantes do Atlético Riveira doaron ao alcalde unha camisola do club e unha placa conmemorativa.

Antes, en Certo:

foto

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical