Como se pode observar nas numerosas imaxes con que o PP ilustra a súa denuncia, a area está chea de lixo, "e a pouca que limparon tirárona a un lado xunto á praia", a praia semella un prado con matos de algas que trae o mar e que levan días sen limpar, a pasarela está tapada con area e onde non está hai herbas, ademais de que as boias de seguridade para que embarcacións non se aproximen á orela e os bañistas estean seguros están amontoadas ao pé da entrada da praia...
"É triste que unhas praias tan coñecidas e que incluso tiveron bandeira azul estean nestas condicións. E máis triste aínda que o partido que antes defendía o adecentamento das praias como xeito de conseguir para Rianxo turismo e dar servizos decentes ao pobo, ao estar gobernando se esqueza de todas estas necesidades", conclúen fontes do PP.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
1 comentario:
Quería comentarvos se o Exif das fotos non sería porque o se autor non tiña ben configurada a cámara, pero xa vexo que agora facedes un comentario nese termo.
No meu caso teño un MP4 e a pesares de que o configurei varias veces, ó apagalo e volvelo a acender volve ao seu... polo que xa desistín.
Con todo isto, o PP debería de dar unha explicación pública para evitar malentendidos, porque o alcalde en vez de sacarnos de dúbidas aínda sementa máis. Adolfo Muinhos Sánchez: Estas fotos xa non se corresponden coa realidade, o xoves se realizou unha limpeza de ambos os areais e teñen xa un aspecto que se manterá ao longo do verán. Os traballadores municipais xa estiveron ahí.
Publicar un comentario