- Adolfo Muíños non quere polemizar sobre a falta de limpeza das praias que denunciou o PP: "Con medios propios do concello estase tentando adecentar desde comezos de xullo todos os areais", terciou.
Rianxo, 10 de xullo de 2011. Segundo explicou onte o alcalde de Rianxo, o nacionalista Adolfo Muíños, "unha vez incorporados ao completo á brigada de limpeza de praias, composta de dez efectivos, e instalados todos os servizos nos areais rianxeiros das Cunchas e Tanxil, procedeuse por parte do Concello este sábado 9 de xullo a erguer as bandeiras azuis outorgadas a este municipio".
O alcalde, Adolfo Muíños, o primeiro tenente de alcalde Carlos Gey e os concelleiros de turismo e medioambiente, Marité Sobradelo e Xoán Vicenzo Ces, procederon a izado oficial da bandeira en Tanxil. Xunto a eles estiveron presentes os oito socorristas que velan pola seguridade das praias.
Imaxes aportadas polo Concello e tomadas onte, sábado 9 de xullo:
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario