6.7.11

Dodro: reciben no Concello a Rubén Gómez, campión do mundo de piragüismo en categoría C1 Junior

Recepcin

Dodro, 6 e de xullo de 2011. O padeeiro dodrense -é natural de Teaio- fíxose coa medalla de ouro na Copa do Mundo de maratón de piragüismo que tivo lugar en xuño no histórico río Tíber de Roma.

Rubén Gómez competiu na categoría C-1 xuvenil e acadou a medalla de ouro, co que  culmina así unha gran tempada que xa tivo os seus precedentes no Campionato de España de maratón, no que conseguiu facerse coa segunda posición. A proba consistiu en cubrir 17,2 kilómetros distribuídos en catro voltas con outros tantos porteos.

A selección española de maratón, a cargo do técnico Juan Carlos Rodríguez, obtivo ademais outras 5 medallas, dúas de ouro, dúas de prata e unha de bronce. Delas nada menos que 4 medallas corresponden a palistas do equipo As Torres-Romaría Vikinga, ao que pertence Rubén. O Concello manifestoulle a Rubén a súa felicitación polo logro, que recoñece o seu esforzo.

Dodro xa ten, deste xeito, dous campións do mundo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical