21.7.11

Literatura: o ribeirense Antonio Piñeiro gaña o "García Barros" de novela que convoca o Concello da Estrada

Media_httpfarm4static_dbbcs

Ribeira, 21 de xullo de 2011. A obra gañadora do "García Barros" de novela deste ano é "As Fiandeiras". Por este título, que asina o editor e escritor ribeirense Antonio Piñeiro, recibirá 9.000 euros en outono e verá publicada a novela na Editorial Galaxia. A peza está ambientada na Estrada do século XIX, segundo desvelou hoxe o xurado en rolda de prensa na Estada, Concello que convoca este certame para divulgar a figura de Ken Keirades, seudónimo de Manuel García Barros.

Trátase da XXIII edición deste premio, na que o xurado estivo formado por Bieito Iglesias Araúxo, escritor ourensán que xa o gañou no seu día;  Inmaculada Otero Varela; o crítico literario mindoniense Armando Requeixo Cuba; Carlos Lema Malvar e Valentín García. Concorreron nesta ocasión 26 textos.  

O Concello da Estrada coa colaboración coa Consellería de Educación e OU, a Secretaría Xeral de Política Lingüística a Deputación de Pontevedra, e Editorial Galaxia leva 22 anos convocando este premio de novela longa en homenaxe a Ken Keirades, no ano 1989 inicia esta andaina e saca a luz “Paisaxe con muller e barco” de Manuel Forcadela e ten no seu haber obras como “Magog” de María Gándara, “O espírito de Broustenac” de Álvarez Cáccamo, “Tal vez melancolía” de Xoan Carlos Caneiro, “As rulas de Bakunin” de Riveiro Coello, “Un nicho para Marilyn” de Miguel Anxo Fernández, “A vida que nos mata” de Xavier López López, “Lois, Helena un día de Tormenta” de Manuel Veiga e “As palabras da Néboa” de Francisco Castro ou “Un tipo listo” de Xosé Monteagudo entre outras.

Todas as convocatorias e gañadores, na Galipedia, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical