21.7.11

Ribeira: deu comezo o obradoiro interxeneracional na Casa do Mar

Ribeira, 21 de xullo de 2011. O Obradoiro de Coñecemento Interxeneracional que promove o Concello deu comezo esta mañá na sede do club de xubilados situada na Casa do Mar de Santa Uxía. 

Sete avós dos dez inscritos con outros tantos netos déronse cita nesta primeira sesión, na que o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social quixo darlles a benvida e salientou a idoneidade da nova actividade para procurar a conciliación familiar e como un instrumento co que permitir o intercambio de valores entre as dúas xeracións. No acto tamén estivo presente a xefa de servizo do Departamento de Servizos Sociais, Francisca Vidal. 

Ao longo das oito sesións de que consta a actividade (celebrarase todos os xoves de 10.30 a 13 horas) unha monitora encárgase de coordinar esta experiencia que procura o xurdimento de actitudes empáticas entre ambas xeracións.  

A metodoloxía das sesións fan referencia á práctica de habilidades de intelixencia emocional mediante distintas técnicas socioafectivas, como dinámicas individuais e grupais, charlas expositivas, xogos de rol, choiva de ideas, adestramento en solución de problemas e exercicios de rexistro. 

Entre os contidos que se van abordar, figuran as tradicións e costumes da zona, os xogos tradicionais e actuais, os contos populares e debuxos animados, o cine de antes e de agora, e a Internet para todos.

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical