Ribeira, 6 de xullo de 2011. Mañá, xoves 7 de xullo, terán lugar no Polideportivo da Fieiteira as 8ª xornadas Deportivas entre a Asociación AMBAR e a Asociación Adisbismur (Outes), na que as dúas entidades disputarán un partido de baloncesto e farán competicións de tiros libres. Ao remate dos xogos terá lugar o acto de entrega de trofeos a tódolos participantes, no que contarán coa presenza de Vicente Mariño, concelleiro de Servicios Sociais de Ribeira e Milagros Rey, presidenta de AMBAR.
DÍA: xoves 7 de xullo LUGAR: Polideportivo A Fieiteira HORA: 12:45 h.A praia de Coroso conta con cadeira acuáticaA continuación irán ata o merendeiro de Coroso onde se organizará un xantar de convivencia e rematarase a xornada disfrutando dunha tarde de praia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario