6.7.11

Ribeira: un autobús turístico con dúas rutas contribuirá a que os visitantes coñezan mellor os atractivos do municipio

  • Funcionará de luns a venres, a partires de mediados deste mes de xullo
  • O equipo de goberno quere establecer tamén un roteiro marítimo, xa no vindeiro verán, que conecte coa outra marxe da Ría de Arousa

Media_httpfarm6static_kjbxc

Marquesinas promocionando o turismo, unha idea do executivo anterior

Ribeira, 6 de xullo de 2011.- O Concello de Riveira vai habilitar dende mediados deste xullo e por espazo dun mes un autobús turístico que percorrerá os lugares e emprazamentos máis atractivos e emblemáticos do municipio.  

Esta novidosa actuación está promovida dende a Concellería de Fomento do Emprego, Comercio, Turismo e Pemes que dirixe Anxo Orellán e ten como obxectivo facilitar a través deste medio de transporte que os visitantes descubran os lugares de maior interese turístico das nove parroquias, de forma cómoda e nun período abarcable de tempo. 

Dada a diversidade de lugares visitables, organizaranse dous itinerarios que funcionarán cada mañá de forma alternativa nos cinco primeiros días da semana: luns, mércores e venres por unha parte, e martes e xoves por outra. 

Media_httpfarm4static_ucthv

A falta de definir ambas rutas e as súas escalas, algúns dos lugares que está previsto visitar son o porto de Palmeira, o faro de Corrubedo, o dolmen de Axeitos, o Carreiro en Aguiño, o parque natural, o parque periurbano de San Roque, o Castro de A Cidá en Carreira e o museo etnográfico de Artes. Mesmo está previsto achegarse ata o monte Curota. 

Media_httpfarm4static_watbv

O autocar disporá 55 prazas e estará rotulado con algunha das imaxes máis simbólicas do turismo de Ribeira. Durante o traxecto, un guía irá explicando os elementos máis atractivos que se vaian visitando e os seus valores patrimoniais. 

Os usuarios unicamente deberán pagar un prezo simbólico pendente de concretar. O servizo estará aberto á reserva anticipada de prazas para grupos organizados. 

Servizo integral, con roteiros por mar e terra

Por outra parte, o Concello xa está a traballar de cara ao vindeiro verán na confección dun servizo de transporte turístico integral que, ademais do autobús turístico, inclúa tamén unha ruta marítima entre Ribeira e a outra banda da ría de Arousa. Con isto preténdese non só facilitar a conexión turística entre ambas marxes, senón tamén permitir que os usuarios coñezan os encraves con maior atractivo do interior da propia ría. Esta iniciativa xa foi falada hai anos, tanto na Pobra como en Ribeira, e nunca chegou a materializarse.

Coa posta en marcha desta ruta, o autobús turístico será tamén un complemento óptimo para os turistas procedentes da outra banda da ría que recalen na costa ribeirense para coñecer o concello.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical