6.7.11

Ribeira: este sábado, 9 de xullo, concerto de saxos na igrexa de Santa Uxía

Media_httpfarm6static_ihxtd

Ribeira, 6 de xullo de 2011. O vindeiro sábado día 9 de xullo, a partires das 19.30 horas terá lugar na Igrexa Parroquial de Santa Uxía o concerto de clausura do curso 2010/2011 da Aula Galega de Saxofón.

Esta actividade, impulsada dende o Conservatorio Profesional de Música de Ribeira e organizada polo profesor de saxofón José Fungueiriño Ramos, está impartida polo mestre Rodrigo Vila, profesor do Conservatorio Superior das Illas Baleares. 

A actividade xunta en Ribeira, unha fin de semana ao mes, a estudantes de saxofón do conservatorio local e de diferentes puntos da xeografía galega como Rianxo, Valga, Santiago, Sanxenxo,  Pontevedra, Vila de Cruces, Vigo, Ourense, etc... Todos eles coa intención de intercambiar experiencias e mellorar e ampliar a súa formación arredor do saxofón. 

Excelente anualidade

O concerto deste  fin de semana pon remate a un excelente ano  para os alumnos da aula, xa que tres deles (un dos cales é alumno ademais do conservatorio riveirense)  acadaron o acceso ó grao superior no Conservatorio Superior das Illas Baleares, considerado un dos conservatorios con mellor nivel de saxofón do país. 

O concerto contará coa colaboración de catro antigos alumnos da Aula que xa remataron os seus estudos superiores ou están a piques de facelo en Salamanca e Illas Baleares  e que serven de exemplo para os máis novos. 

Entrada libre e de balde.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical