Agardamos que a reunión de mañá sirva para algo máis que a que houbo na aínda non aberta Casa da Xuventude de Ribeira Ribeira, 6 de xullo de 2011. O Concello avisa de que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está a traballar na elaboración do borrador de Anteproxecto de Lei de Xuventude.
Co obxecto de informar do mesmo e recoller as propostas ao respecto dos mozos e mozas de Riveira e dos colectivos e entidades afectados, mañá xoves día 7 de xullo levarase a cabo a presentación do borrador de Lei de Xuventude de Galicia no Auditorio Municipal ás 20.00 horas, nun acto que contará coa participación de técnicos responsables da referida Dirección Xeral.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Xuventude do Concello, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, e á mesma están convidados todos os mozos e colectivos que desexen asistir, sen necesidade de inscrición previa.
Por outra parte, cómpre informar de que o referido borrador pódese consultar na páxina web www.xuventude.net, que deixa aberta a posibilidade de facer aportacións ao mesmo vía internet.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario