Ribeira, 6 de xullo de 2011. O vindeiro sábado 9 de xullo terá lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara LXIII Singladura da Festa da Dorna, que desta volta celebrarase no salón de actos da Casa do Mar ás 20:03. Ésta será a derradeira oportunidade para participar na organización da festa e botar unha man á xente que traballa por ela. Os temas a tratar serán principalmente pechar todo o relativo aos xogos e actividades Dorneiras, distribución da colaboración das peñas entre as actividades e xogos. Ademáis poderase propoñer calquera actividade nova, preguntar dúbidas aos organizadores das actividades que estean presentes e apuntarse ao Facho Dorneiro, que é a actividade inaugural da Festa da Dorna 2011. Por outra banda, os novos socios poderán recoller os seus carnés de Dorneiros.
No que atinxe ás sudadeiras dorneiras que, como xa se sabe son brancas e levan o deseño de Mª José Fernández García da peña Comando Dorneiro, gañadora do premio A Jata Ruín de la Praia, estarán á venta dende este venres 8 de xullo ata esgotar existencias, ao módico prezo de 14€, en Podium Sport (Rúa 9 de Agosto, ver mapa coa ruta dende a Praza do Concello). Recoméndase levar os cartos xustos para colaborar a evitar problemas co cambio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario