- Abre xa o prazo de inscrición para os dous
Ribeira, 11 de xullo de 2011.- Servizos Sociais oferta para este verán dous novos obradoiros dirixidos á promoción social do maiores que nunca se tiveran celebrado no municipio en época estival: trátase do xa tradicional obradoiro de Risoterapia que por primeira vez se organiza en época estival e, por outra parte e como novidade absoluta, un obradoiro de Coñecemento Interxeneracional que pretende unir a avós cos seus netos nunha experiencia de conciliación que procura ademais o xurdimento de actitudes empáticas entre ambas xeracións. Para falar destas dúas iniciativas déronse cita na Casa Consistorial o concelleiro de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo do Concello, Vicente Mariño; e a xefa de servizo do Departamento de Servizos Sociais, Francisca Vidal. O obradoiro de Coñecemento Interxeneracional constará dun total de oito sesións de 90 minutos de duración nas que, guiados por un monitor, nenos e maiores haberán de compartir todo tipo de experiencias e valores como medio para acadar unha mellor comprensión e relación co seu entorno social máis próximo. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 5 a 9 anos, e homes e mulleres maiores de 60. Haberá un total de 20 prazas, 10 para o grupo de nenos e nenas e as outras 10 para o grupo de maiores. A metodoloxía das sesións farán referencia á práctica de habilidades de intelixencia emocional mediante distintas técnicas socioafectivas, como dinámicas individuais e grupais, charlas expositivas, xogos de rol, choiva de ideas, adestramento en solución de problemas e exercicios de rexistro. Entre os contidos que se van abordar, figuran as tradicións e costumes da zona, os xogos tradicionais e actuais, os contos populares e debuxos animados, o cine de antes e de agora, e a Internet para todos. O taller principiará o día 15 de xullo e estenderase ata o 15 de setembro, a razón dunha sesión semanal. Hoxe mesmo comeza o prazo de inscrición. Os interesados en anotarse poden facelo no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa Correos. RisoterapiaPor outra parte, o obradoiro de Risoterapia busca que os participantes adquiran unha actitude positiva mediante a recuperación da risa espontánea que as persoas traen consigo ao nacer, pero que pouco a pouco acostúmase a ir perdendo. Está dirixido ás persoas maiores de 60 anos, que tamén poden apuntarse nos Servizos Sociais dende hoxe. A acción principiará o 15 de xullo e rematará o 15 de setembro. Tamén serán oito sesións e 20 prazas. Entre os contidos da actividade, figuran unhas nocións básicas sobre risoterapia, a risa como actitude, habilidades sociais e achegamento interpersonal, desenvolvemento ludo-dinámico a nivel grupal, o xogo e o desenvolvemento psicolóxico e a ximnasia da risa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario