Ribeira, San Fermín de 2011. En resposta a unha demanda dos veciños de Corrubedo, o Concello ten previsto actuar en breve no camiño coñecido como Rocapellón, que fai de acceso á praia do Prado e alberga o único lavadoiro público de que dispón a parroquia, recentemente restaurado.
En concreto, o Executivo Local instalará unha rede de augas pluviais consistente nunha tubaxe de 50 metros liñais de PVC corrugado. Con esta medida preténdese solucionar os problemas de asolagamento que presentaban fincas lindeiras en épocas de chuvia.
Por outra parte, a obra inclúe tamén a pavimentación axeitada de toda a zona obxecto de actuación, incluíndo un tramo de camiño duns 30 metros de lonxitude que estaba pendente de acometer. O orzamento da actuación ascende a 17.499,44 céntimos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario