Ribeira, San Fermín de 2011. Dentro das liñas de actuación en materia de difusión do patrimonio de Galicia, a Asociación de Veciños de Carreira, vén de organizar unha nova saída lúdico-cultural que levou por título “Misterios da Costa da Morte 2” na que se visitaron lugares tan emblemáticos como o cabo Vilán, Camariñas, Camelle, Castelo de Vimianzo, Laxe, as Torres de Mens ou o porto de Malpica de Bergantiños. Cincuenta viaxeiros desfrutaron desta excursión que completaba a realizada unhas semanas antes por Fisterra e Muxía, e na que puderon coñecer de primeira man a artesanía da zona, monumentos medievales, paisaxes espectaculares, e todo elo, aderezado por continuos relatos da rica tradición oral da bisbarra: afundimentos do Adelaida e do Serpent, trazos da historia de Man, o alemán de Camelle ou o misterio das torres de Mens”
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario