- Será o sábado 6 de agosto e a comisión habilitará catamaráns para os que queiran participar
- Contan con habilitar ata cincocentas prazas en cinco embarcacións
- Cobrarán dous euros "simbólicos" que destinarán a Cáritas
Ribeira, 22 de xullo de 2011.- O alcalde, o presidente da Comisión de Festas e o párroco de Santa Uxía déronse cita hoxe na Casa Consistorial para a anunciar que con motivo das Festas de Verán, a cidade recuperará a procesión marítima na honra da Virxe do Carme despois da prohibición de facelas con determinadas medidas de seguridade dende 2004 como consecuencia do accidente do Saleta.
O alcalde Manuel Ruiz Rivas expresou a súa "gran satisfacción" por terse recuperado esta procesión, que se celebrará o sábado 6 de agosto, e informou de que tras efectuar as oportunas xestións a iniciativa conta co respaldo de distintos colectivos do mar, como a confraría de pescadores ou a Cooperativa do Mar Santa Uxía. Así mesmo, amosou a súa confianza de que a procesión irá medrando ano a ano "ata recuperar o esplendor que merece unha cidade cun porto tan importante como é o de Ribeira".
Pola súa parte, Luciano Fernández garantiu no nome da comisión que a procesión contará con todas as medidas de seguridade oportunas, incluíndo un seguro colectivo para embarcacións habilitadas e chalecos homologados.
Segundo indicou, as previsións apuntan a alcanzar as 1.000 persoas participantes, e co fin de permitir aos veciños e visitantes que poidan unirse ao acto vanse por a disposición dos mesmos tres catamaráns que suman entre eles un total de 410 prazas. No caso de que a demanda así o esixise, poderíase habilitar un cuarto catamarán de 100 prazas.
Recadación solidaria
Esta acción pretende ter tamén un fin social, e con tal motivo cobrarase aos pasaxeiros un prezo simbólico de 2 euros e o recadado irá destinado integramente a Cáritas. Os interesados poden mercar as entradas na parroquia a través de Cáritas ou no Auditorio Municipal.
Cesárea Canabal lembrou durante a súa intervención as orixes desta procesión marítima e da celebración da eucaristía na Lonxa nos tempos en que era alcalde do municipio Lisardo Valeiras. Así mesmo, quixo lanzar un chamamento especial aos propietarios de embarcacións deportivas para que tamén se suman a este evento.
Como consecuencia da posta en marcha da procesión e por motivos loxísticos, o horario da misa na Lonxa variará con respecto a anos anteriores, de tal xeito que a eucaristía terá lugar ás 19 horas e a procesión sairá en torno ás 19.45.
Pode que tamén lle interese:
FESTA DA DORNA: POJRAMA DE 2011
Bus turístico: déronlle estrea
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario