1.8.11

Lousame: visita da nova delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, á que o alcalde lle pediu cartos para as penosas estradas

Lousame_alcalde_e_delegada


Lousame, 1 de agosto de 2011.- A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, visitou esta mañá o concello de Lousame, onde foi recibida polo alcalde, Santiago Freire. Na reunión de traballo, Do Campo e Freire analizaron a situación dos proxectos que desenvolve a Xunta no municipio.

A máxima representante do Goberno galego na provincia e o rexedor avogaron por continuar coa liña de colaboración e cooperación institucional dos últimos anos e por manter unha comunicación fluída entre ambas administracións para sacar adiante as demandas dos veciños.

Freire aproveitou para trasladarlle a Do Campo as solicitudes do seu Concello ao Executivo autonómico, que pasan fundamentalmente por mellorar a calidade das infraestruturas viarias. A delegada comprometeuse a "estudalas e traballar intensamente" para darlles cumprimento no menor prazo de tempo posible.

A desta mañá foi unha visita institucional enmarcada na rolda de contactos iniciada pola delegada da Xunta na Coruña dende que tomou posesión do seu cargo, momento no que se comprometeu a reunirse cos responsables municipais dos 94 concellos da provincia. Do Campo reiteroulle ao rexedor “todo o apoio, diálogo e cooperación do Goberno autonómico para traballar de xeito coordinado á hora de satisfacer as necesidades dos cidadáns”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical