1.8.11

Ribeira: actuación das corais do Círculo Mercantil e Municipal no auditorio

Ribeira, 1 de agosto de 2011. A Coral Polifónica Municipal de Ribeira e a Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial actuaron na Mostra de Música que, enmarcada dentro da programación da Fiestra da Cultura 2011, foi celebrada na tarde do domingo pasado no salón de actos do Auditorio. 

Esta instalación municipal encheuse completamente de veciños e visitantes que non se quixeron perder a actuación das dúas corais, dirixidas respectivamente por Enrique Paisal (ex-Los Tamara) e Antonio Fernández. 

A Coral do Círculo Mercantil constituíse no ano 1977 e a día de hoxe está composta por unhas 50 voces. Ao longo da súa historia ten participado en cidades galegas como Vigo, Ourense, A Coruña ou Santiago de Compostela e mesmo no país portugués e diversas provincias españolas. 

Polo que respecta á  Coral Municipal, foi fundada en 1991 e está formada por 40 voces. Ademais de participar no territorio galego e estatal, o elenco ten viaxado a lugares tan afastados como New York e Washington ou Baltimore. 

Comezou a actuación de onte a Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial e a continuación o fixo a Coral Polifónica Municipal. Ambas formacións puxeron o broche final á sesión cantando en conxunto o Himno Galego. 

Entre os asistentes ao espectáculo, presentado por Unai González, estivo presente a concelleira delegada de Cultura do Concello, Elvira Pisos, quen ao finalizar o acto dixo unhas palabras de felicitación ás dúas corais e entregou un agasallo institucional a cada unha, consistente nunha pomba de porcelana cun poema de Rosalía de Castro gravado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical