Ribeira, 1 de agosto de 2011. – Un total de 26 nenos e nenas participaron durante o mes de xullo no obradoiro de novas tecnoloxías Inforxogo, organizado polo Concello no marco da programación do Verán Cultural. Para proceder á clausura desta iniciativa, o pasado venres déronse cita na Aula Multimedia, situada no paseo do Malecón, os concelleiros de Cultura e de Enerxía e Novas Tecnoloxías, Elvira Pisos Arnoso e Emilio Pérez Outeiral, respectivamente. A actividade foi desenvolvida polo axente TIC Abel Alonso, tamén presente no acto de peche, no que os dous edís municipais encargáronse de entregar os correspondentes programas aos rapaces participantes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario