1.8.11

Ribeira: o Bng volta denunciar a perigosidade do amianto na antiga fábrica de Castiñeiras

Amianto_en_castieiras

  • O anterior goberno do PP fixérase "o tolo" dicindo que non pasaba nada e mesmo o actual alcalde afirmara que o Bng alarmaba sen motivo á poboación
  • Agora hai no lugar unha empresa especializada na extracción deste perigoso material

Ribeira, 1 de agosto de 2011.  O Bng de Ribeira vén de informar que unha empresa especializada procede estes días á extracción conforme á lei dos materiais con amianto da fábrica de Castiñeiras. "O BNG denunciara no seu momento a irresponsabilidade do concello de Ribeira ao permitir (ou promover?) a retirada das planchas de fibrocemento e outros materiais contaminados con este material canceríxeno.
Mágoa que o mal xa estea feito en grande parte, pois moitos dos materiais xa foran retirados sen control. Cómpre lembrar que mesmo o candidato” popular”, hoxe alcalde, afirmara que non había perigo e que o BNG “alarmaba á poboación sen motivo”, explican os nacionalistas ribeirenses.

Favoritismos á hora de cumprir a lei

"Como agora se demostra, o BNG tiña razón e o Concello, ademáis de poñer en risco a saúde pública, demostrou que a lei so se lle aplica a quen convén. E recoñecerá agora tamén o actual rexedor que “daquela se equivocou”? Ou non se equivocou e actuou en base aos seus intereses electorais?", conclúen.

Máis información:
Solicitan a retirada inmediata dos cascallos da Fábrica de Castiñeiras polo risco que o amianto que conteñen supón para a saúde pública

O Goberno do PP pon en perigo á cidadanía consentindo unha demolición ilegal

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical