O día 3 de setembro de 2011 a IX Andaina Popular “Concello de Riveira” volverá atraer a ribeirenses e visitantes conseguindo este enorme éxito de participación.
Esta andaina organizada pola Sección de Sendeirismo da Asociación “As Miñoteiras”, coa colaboración do Concello de Ribeira, Protección Civil e a Asociación Arrecó, é outro exemplo da forza que o deporte na natureza ten en Ribeira.
Os lugares polos que pasarán os participantes son: o Parque Periurbano de San Roque, a Lagoa de Vixán, o Parque Natural, a Lagoa do Carregal, o Monte Tahume, o Dolmen de Axeitos, o Miradoiro da Curota, o Miradoiro Valle-Inclán e a praia de Coroso.
A saída realizarase o sábado, 3 de setembro, desde o Polideportivo Santa Uxía, na praia de Coroso, ás 9:00 horas e poderase participar nun percorrido de 50 km ou de 36 km, e por suposto haberá asistencia continuada e coche de recollida (coche vasoira).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario