Texto e fotos: Alén PérezBoiro, 6 de setembro de 2011. O vindeiro sábado, 10 de setembro, terá lugar a V Baixada do Tíralle de San Ramón de Bealo. Dende hoxe mesmo puidéronse ver a todos os participantes xa anotados adestrando no circuíto "freeride" (condución estilo libre para os que non foron aínda a centros trilingües) que teñen alí mesmo, en Bealo. Lema relacionado con SpielbergO lema que locen este ano nos camisolas os participantes é "Non somos E.T. pero apañámonos", nunha simpática alusión a unha das películas máis famosas de Steven Spielberg. Organiza esta variante das típicas baixadas de vehículos das festas galegas Manuel Lustres, que foi quen comezou con esta actividade. Colabora o Concello de Boiro e patrocina unha tenda de bicis que terá unha carpa alí ubicada para amañar detalles de última hora.
Nas imaxes pódese ver a Pablo Blanco, Diego Lojo, Sergio Nieto, Cristian García, Álex Somoza,
Carlos Vilas, Martin Outeiral, Suso Maneiro, Dani Galbán, Luis Batidas, Efren Armental, e Samuel Cristobo.
Carlos Vilas, Martin Outeiral, Suso Maneiro, Dani Galbán, Luis Batidas, Efren Armental, e Samuel Cristobo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario