Dodro, 6 de setembro de 2011. Onte, 5 de setembro, comenzou en Dodro o curso formativo de "Técnicas específicas de atención persoal a pacientes dependentes: Hixiene, Aseo e Coidados Sanitarios" para coidadores de persoas en situación de dependencia. A presentación do curso estivo a cargo da Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga Grela, quen deu a benvida ós asistentes, agradeceu e louvou o traballo que realizan tanto os profesionais como as persoas a nivel particular e recalcou que a prioridade de Servizos Sociais "é axudar e apoiar aos sectores que máis o necesitan, neste caso facilitando a formación para os coidadores de dependentes".
Ao curso acuden 28 persoas que obteran o título valorable para o recoñecemento da experiencia profesional. Ten unha duración de 70 horas e rematará o 8 de outubro. Pode que tamén lle interese:
Visita: do alcalde a Coruña, a falar coa súperdelegada
Concerto: a Polifónica de Padrón, este venres 9 de setembro
A Modiño: novo programa para coidadores de dependentes. Viaxes o 17 e 23
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario