22.9.11

Boiro: operativo contra o furtivismo en Cabo de Cruz nun establecemento no que se identificou a cinco persoas e se comisaron máis de mil quilogramos de marisco

  • Di a Xunta que esta acción se desenvolveu nun establecemento de Esteiro e qu e o marisco comisado carecía de documentación de procedencia e o local no que se requisou non está autorizado para a venda
  • Este golpe engádese aos 4 operativos especiais que os Gardacostas realizaron ao longo deste mes nas zonas de Cabo de Cruz e Rianxo xunto con corpos e forzas de seguridade do Estado
Media_httpfarm6static_bdkeg

Entre o marisco comisado había berberechos, navallas, ostras e nécoras, pero sobre todo ameixas. A imaxe, de arquivo, é da Festa do Berberecho de Foz

Boiro, 22 de setembro de 2011.- Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Unidade do Corpo de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA), realizaron ao longo desta mañá un operativo nun establecemento de Esteiro, en Cabo de Cruz (Boiro) no que os Gardacostas comisaron arredor de 1.300 quilos de distintas especies de marisco, na súa maioría ameixa, e identificaron a 5 persoas.

O resto das especies comisadas foron berberecho, navalla, ostra e nécoras. Parte da mercadoría comisada estaba depositada nas 3 piscinas que contén o establecemento e o resto estaba sendo empaquetado para destinar á venda. Este marisco foi requisado por carecer de documentación de procedencia e por manipularse para a venda nun local non autorizado para esta actividade. Tralo comiso, os Gardacostas procederán á destrución de todo o marisco.

Este golpe contra o furtivismo é froito do seguimento e control que a Xunta realiza para garantir a trazabilidade do produto e vense engadir aos 4 operativos especiais que os Gardacostas realizaron ao longo deste mes nas zonas de Cabo de Cruz e Rianxo xunto con corpos e forzas de seguridade do Estado. Nestas zonas, a Consellería do Mar intensificou os controis deste tipo de operativos tras detectar un repunte do furtivismo.

Unha vez máis, a Consellería do Mar quere facer un chamamento aos cidadáns para que só consuman o marisco adquirido de forma legal xa que, o contario, pode supór un risco para a súa saúde. A Xunta lembra que só aquel produto que sexa extraído e comercializado seguindo os cauces legais será óptimo para o seu consumo, por iso apela á concienciación dos consumidores e comercializadores para que adquiran os produtos do mar a través dos cauces legais.

Media_httpfarm4static_jiefa

Vixiancia contra o furtivismo
A propósito da vixiancia, a Consellería do Mar quere lembrar que a maiores da exercida polos Gardacostas en colaboración coa UPA, nas zonas suxeitas a plans de explotación son as propias confrarías as que se fan cargo de asexar a través da contratación directa de gardapescas. A Xunta colabora coas confrarías cofinanciando esta contratación no marco dos convenios de vixiancia, nos que se crea unha comisión de seguimento da que forman parte membros da Consellería do Mar e das confrarías para o control do cumprimento deste convenio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical