5.9.11

Dodro: "A modiño" comeza cunha excursión ás Rías máis Baixas o 17 de setembro e una saída de respiro a Cuntis o 23

Amodiododro

  • A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello crea un programa innovador dirixido ás persoas dependentes e os seus coidadores
  • A primeira saída será a San Vicente do Mar, O Grove, Cambados e illa da Toxa.

Dodro, 5 de setembro de 2011. O programa que di o Concello que é innovador consta de dúas partes diferenciadas:

  1. Saídas lúdicas para as persoas dependentes e os seus coidadores/as.
  2. Xornadas de respiro terapéutico para os coidadores.
Con este programa, explica o equipo de goberno do PP, "preténdese pór en marcha unha serie de saídas e actividades lúdicas para as persoas dependentes e os seus coidadores/as coa intención de facilitar ou facer posible que saian das súas casas e coñezan outros lugares, para que poidan disfrutar do sol, da natureza, do mar, de visitas guiadas... E isto paseniñamente..... ao seu ritmo".

Acompañados/as polas persoas que os coidan poderán participar nestas actividades todas as persoas dependentes valoradas nos graos I e II, e/ou aquelas outras que teñan á solicitude pendente de resolución. Realizaranse algunhas actividades acompañados en todo momento por persoal especializado e contarán con transporte adaptado en caso de ser necesario.

Custo a cargo do Concello, menos das comidas

O custe das saídas, desprazamentos, monitores e demáis corre a cargo do concello é os participantes só deberán aboar o custe das comidas.
Comezan o programa cunha Excursión ás Rias Baixas o vindeiro día 17 de setembro. A saída será ás 9h en dirección á praia de “Pedras Negras” en San Vicente do Mar, onde as persoas que así o desexen poderán realizar exercicios na auga acompañados/as por monitores especializados.

Media_httpfarm3static_cqbbl

Pazo de Fefiñáns, en Cambados

Ao rematar visitarán a illa de “A Toxa” e o pobo pesqueiro de O Grove. A comida será ás 14h, e pola tarde estarán en Cambados, para logo chegar a Dodro sobre as 8 da tarde.

O custe é de 12 € e as prazas son limitadas. A inscrición, ata este luns 12 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono 981 802 466.

Segunda saída, o 23

Dentro do programa AMODIÑO.DODRO/2011 organizan tamén Xornadas de Respiro Terapéutico para os coidadores. Comezan cunha viaxe ó “Balneario de Cuntis” o venres 23 de setembro con saída ás 15h e regreso ás 20h. "Consideramos dunha gran importancia a atención os nosos maiores dependentes. Este programa nace co obxectivo de facilitarlle as saídas ás persoas dependentes e mellorar o seu entretenemento e ó mesmo tempo de facilitarlle ós coidadores algúns días de respiro", argumentan dendo o PP de Dodro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical