5.9.11

Dodro: visita institucional do alcalde en Coruña á súperdelegada da Xunta nesta provincia

Beln_docampo_valentn_alfonsn

  • A delegada territorial da Xunta na Coruña aproveitou o encontro institucional para ofrecerlle ao alcalde todo o apoio e colaboración do Goberno

Dodro, 5 de setembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, mantivo esta mañá na Coruñun primeiro encontro de traballo co alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín. Na reunión, Do Campo e Alfonsín analizaron a situación dos diferentes proxectos que desenvolve o Goberno autonómico no municipio e as necesidades actuais.

O rexedor aproveitou a reunión para trasladarlle as demandas do Concello ao Goberno galego, que pasan por melloras en materia de seguridade viaria na estrada AC-307. Pola súa banda, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia comprometeuse a estudialas e a traballar intensamente para atendelas no menor prazo de tempo posible.

Ademais, Do Campo expresoulle ao primeiro edil “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” con fin de obter a coordinación necesaria coa administración local para dar resposta ás demandas dos veciños.

Plan de Cooperación
Por outra banda, a delegada destacou o compromiso da Xunta coa creación de emprego e lembrou que o Concello de Dodro conta este ano cunha subvención de preto de 117.000 euros para a contratación de 10 persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese social. Todos os contratos son a xornada completa.

Trátase dos fondos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos a través do Plan de Cooperación, que este ano destina 33.300 euros máis ao municipio que en 2010.

O de hoxe foi un encontro institucional enmarcado na rolda de contactos iniciada pola delegada da Xunta na Coruña dende que tomou posesión do seu cargo. Do Campo asegurou que nas vindeiras semanas visitará o concello de Dodro, dentro do seu percorrido polos 94 municipios da provincia.

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical