- Terá lugar o 16 de setembro. Custa 27,30 euros
Camiño a San Andrés de Teixido pódense ver os enormes cantís da Capelada Ribeira, 5 de setembro de 2011. O Concello informa de que hoxe abriu o prazo para inscribirse na saída cultural para maiores con destino a Santo Andrés de Teixido que organiza a Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social.
A viaxe (última das programadas para este ano) terá lugar o 16 de setembro e o prezo por participar é de 27,30 euros, incluíndo desprazamento en autocar, comidas, guía e seguro de viaxe.
Os interesados en anotarse poden facelo ata o día 9 de setembro nos Servizos Sociais. Ademais da propia capela de Santo Andrés de Teixido, durante o itinerario realizaranse visitas breves a Pontedeume e Ortigueira e tamén a Vixía e Herbeira, que son os cantís máis altos de Europa, na Serra da Capelada.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario