- O alcalde Manuel Ruiz recibiu á comitiva insular no salón de plenos
- Hoxe van facer unha excursión pola Ría de Arousa e visitar a Sala Museo
Ribeira, 5 de setembro de 2011.– O salón de sesións da Casa Consistorial foi o escenario da recepción oficial que o Concello brindou á delegación institucional de 19 persoas chegada onte a Ribeira dende o municipio tinerfeño de Adeje.
O alcalde de Ribeira e o seu homólogo da vila canaria, Miguel Rodríguez Fraga, sentáronse na mesa presidencial xunto co senador José Luis Torres Colomer, antigo rexedor, en cuxo mandato cristalizou o irmanamento que une aos dos concellos; e tamén o tenente de alcalde de Adeje, Gonzalo Castro.
Ruiz Rivas deu a benvida a comitiva insular co desexo dunha agradable estancia no concello e destacou o potencial turístico excepcional que posúe o municipio canario. Pola súa parte, o senador Torres Colomer puxo de relevo que este foi un irmanamento eficaz, con lazos que chegan incluso ao afectivo ata o punto de que hai matrimonios entre cidadáns de ambos concellos; mentres que Miguel Rodríguez Fraga expresou a súa vontade de seguir avanzando no afianzamento das relacións de colaboración existentes entre as dúas localidades.
A recepción finalizou cun intercambio de obsequios por parte das dúas Corporacións, de tal xeito que o encabezado por Manuel Ruiz entregou á delegación canaria unha creación obra do escultor Miguel Couto (a mesma que da imaxe aos Premios Concello de Riveira); mentres que o que rexenta Miguel Rodríguez correspondeu ao pobo ribeirense cun gravado que recolle unha localización tradicional de Adeje.
Escultura volcánica
Unha vez rematado o acto no Salón de Plenos, as persoas congregadas alí foron ata a esplanada que conecta o paseo de Coroso co das Carolinas, lugar ata onde se trasladou recentemente a escultura volcánica “En reposo”, obra do escultor canario Paco Palomino e regalo do pobo de Adeje ao de Ribeira no ano 2003.
Nese mesmo emprazamento tamén se puideron observar os cinco paneis informativos sobre a historia de Adeje, as súas tradicións máis significativas como a Semana Santa, os recursos turísticos e o seu patrimonio monumental e natural, con especial fincapé no seu Convento, a praza de España, a Casa Fuerte, a Igrexa e o Morro Grueso.
Despois tomaron dúas embarcacións nos pantaláns do Club Náutico de Ribeira para realizar unha ruta pola ría de Arousa e, tras comer en Aguiño, está previsto que pola tarde (en torno ás 17.30 horas) visiten a Sala Museo Municipal.
Antes, en Certo:
Irmandamento: visitan Ribeira 22 de Adeje. Do 4 ao 6. Todo listo
Pode que lle interese:
Festas de Santa Uxía: o luns 12 de setembro, concurso de baile
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario