5.9.11

A Pobra: veciñas de Carral visitan o Museo Valle-Inclán e outras zonas do municipio

A Pobra, 5 de setembro de 2011. Un grupo de 35 veciñas da localidade coruñesa de Carral programaron unha xornada de lecer para o pasado sábado 3 de setembro que as animou a chegarse ás terras barbanzanas da Pobra do Caramiñal. Logo de subir á cima da Curota e coñecer o entorno das romarías e do curro das Canizadas, animáronse  a percorrer tamén as instalacións do Museo Valle-Inclán, onde unha vez máis foron recibidas e guiadas polas distintas dependencias e contidos, pola técnica Begoña Olveira Sanisidro.

Non rematou aquí no seu paseo pola Pobra do Caramiñal, posto que tamén quixeron achegarse ata a parroquia do Divino Nazareno, Santiago do Deán, e ás mostras fotográficas que estes días se exponen nas salas da Oficina de Turismo e na Casa da Cultura pobrenses.

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical