- O portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, participou en Cerceda (A Coruña) no III Xantar pola visibilidade Rural LGTB que organiza o Grupo LGTB do PSdeG-PSOE
- Lage di que o modelo de sociedade que defendo o PP "priva de dereitos ás persoas en función da súa orientación sexual e nas eleccións do 20N están en xogo as conquistas dos últimos anos no terreo dos dereitos e liberdades dos cidadáns. O PP opúxose a todas as leis que significaron ampliación de dereitos sociais"
Visto en Chueca. Flickr de Brocco Lee Barbanza-Noia, 5 de setembro de 2011. O grupo de Gais, lesbianas, transexuais e bisexuais do PSdeG-PSOE celebrou o seu "III XANTAR RURAL POLA VISIBILIDADE RURAL LGTB" no concello de Cerceda, na área recreativa de Portobrea, na parroquia de Queixas, a pasada fin de semana. Con este acto o grupo LGTB do Partido dos Socialistas de Galicia quere tamén dar apoio a todalas mulleres lesbianas, homes gais e transexuais que viven o seu día a día nas aldeas e vilas do rural galego. Este Grupo do PSdeG quere revindicar a loita diaria que fan todas as persoas homosexuais, transexuais e bisexuais que viven no noso rural. En especial ás persoas que son acosadas pola homofobia. O deputado socialista José Manuel Lage amosoulles o seu apoio “polo gran traballo que están a facer para que as leis e o traballo institucional teña reflexo real na sociedade e poder así superar vellas pantasmas e a rancia homofobia aínda existente en diferentes ámbetos sociais”. Lage Tuñas durante a súa intervención no citado acto afirmou que “nas vindeiras eleccións do 20-N están en xogo as conquistas dos últimos anos no terreo dos dereitos e liberdades dos cidadáns. E cabe recordar que o PP opúxose a tódalas leis que significaron ampliación de dereitos sociais” O deputado do PSdeG entende que “o modelo de sociedade que defende o PP priva de dereitos ás persoas en función da súa orientación sexual”. Nesta liña recordou que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo “apoia co seu silencio o recurso do PP ante o Tribunal Constitucional contra os matrimonios homosexuais”. “O Sr. Feijóo e o Sr. Rajoy fixeron oídos xordos ás constantes peticións dos grupos LGTB de todo o estado para que o PP retirase o recurso diante do Tribunal Constitucional contra os matrimonios homosexuais”, explicou José Manuel Lage.
Pasos atrás do PPOs socialistas galegos tamén foron moi duros coas decisións tomadas no ámbeto parlamentario galego pola maioría absoluta do Partido Popular “coa aprobación de lei como a da REDE MADRE, contraria aos dereitos das mulleres ou coa Lei de Familia, un paso atrás no recoñecemento da sociedade plural e diversa na que vivimos”. Lage Tuñas recordou na súa intervención no III Xantar pola visibilidade Rural LGTB do PSdeG-PSOE que “en Galicia o Partido Popular aprobou unha lei de familia retrógrada, claramente involucionista, que mereceu a reprobación do Consello Económico e Social, por negar a realidade social e polo seu carácter regresivo e patriarcal, tentando recortar dereitos á muller”. O dirixente socialista destacou tamén que “nos últimos oito anos en España tense avanzado de xeito importante na ampliación e recoñecemento de dereitos, sempre da man do Partido Socialista”.Así, destacou “a aprobación en Xuño de 2005 da Ley que modificou o código civil para permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e a adopción conxunta. Cabe recordar que máis de 20.000 parellas en España ya exerceron este dereito”. “Tamén a aprobación da LOE, da asignatura de Educación para a Cidadanía, da Lei de identidade sexual que recoñece a dignidade das persoas transexuais ou a creación de Unidades e Servizos de Referencia para o cambio de sexo se teñen materializado nestes últimos oito anos”, rematou.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario