4.10.11

Atletismo: o mércores 12 de outubro, XIII Carreira Pedestre de Lestrobe

Triptico Carreira Pedrestre.pdf Download this file

  • O prazo para anotarse remata o 10 de outubro, o vindeiro luns

Dodro, 4 de outubro de 2011. O Concello de Dodro organiza a XIII Carreira Pedestre de Lestrobe 2011.
Nesta ocasión a carreira conta coa axuda da Deputación de A Coruña que destinará 2.500 euros para a súa realización despois das xestións realizadas polo goberno municipal que dirixe Valentin Alfonsín.
Celebraráse o vindeiro 12 de outubro (festivo nacional) a partir das 17,30 horas. O control técnico correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo-Delegación de Santiago e poderán participar atletas federados e non federados.
O prazo de inscricións rematará o luns 10 de outubro ás 22 horas.
A entrega de trofeos realizarase no lugar da Devesa en Dodro aproximadamente sobre as 20 horas
Máis información no documento adxunto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical