4.10.11

A Pobra: denuncian, unha volta máis, a evidente contaminación do Río Morto

A Pobra, 4 de outubro de 2011. Un grupo de veciños do lugar da Devesa, do Concello da Pobra do Caramiñal, vén de denunciar, outra volta máis, "a contaminación continuada que está a sufrir o Río Morto, coa que están a converterlo nunha autentica cloaca, cun cheiro isoportable, e as augas nun estado de podremia permanente. Hai uns días certo xornal da provincia facíase eco dunha nova sobre unha vertedura ao río. Por suposto,para aclarar tal asunto, non saíron as autoridades municipais, que éstas non deben ter competencias sobre o tema, quen sí saíron, agora convertidos en voceiros do goberno local, foron os membros da empresa Aquagest, dicindo, que a vertedura fora producida polas máquinas das obras que actualmente están a traballar na zona, e que a vertedura non tiña ningunha importancia_: algo sen repercusión, un asunto leve".

Aquagest minte sobre o das obras


Estes veciños queren dicir ao respecto que esa aclaración por parte da empresa Aquagest "é unha verdadeira mentira, e os veciños sentímonos ofendidos diante do que consideramos unha verdadeira tomadura de pelo. As máquinas actualmente están ben lonxe do cauce e non propiciaron ese vertido. As máquinas, que nós saibamos, non verten morca e outras lindezas. As marxes do río, no que actualmente o Concello da Pobra está a facer unha inversión de máis dun millón douscentos mil euros, non se traduce ao río, que a estas alturas segue a estar contaminado, un día si e outro tamén, coma hai un ano, dous, tres, ou cinco".

Augas de Galicia e Goberno municipal: ningún fai nada

"Parécenos lamentable que Augas de Galicia, despois de tanto tempo, non se tome este problema en serio, parécenos lamentable que os serviciós de protección do ambiente non aparezan por ningún lado para rematar con esta lacra. O máis, ou o mesmo de grave, son os propios responsables do goberno municipal, que, xunto co señor alcalde, non son quen de deter estes vertidos e abrirlle un expediente aos responsables de tal desfeita, a pesar, de que o propio alcalde, unha e outra vez, cando se lle tercia, e non usa aos seus portavoces, nos prometa, dende hai anos, que o asunto da localización dos presuntos contaminantes, cada vez, está máis perta. Véxase a hemeroteca", finalizan os veciños, que tamén envían imaxes de diversas verteduras ao Río Morto ao longo destes anos.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical