- Compila un percorrido panorámico polos diferentes espazos da capital do Barbanza
- O volume "Sempre Riveira" contará na presentación co apoio do alcalde, Manuel Ruíz Rivas, que acompañará ao editor José Luis Teófilo
Ribeira, 25 de novembro de 2011.- Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións, presentará a súa última publicación “Sempre Riveira” nun acto que terá lugar o vindeiro xoves, día 1 de decembro, no salón de sesións do Concello as 20.00 horas, e que contará coa presencia do alcalde, Manuel Ruíz Rivas e do editor José Luis Teófilo.
O libro mostra, a través de preto de 200 coidadas instantáneas, un orixinal itinerario polos espazos urbanos e tamén naturais que forman parte do cotián tanto de quen reside como daqueles que se achegan a coñecer Ribeira. Pretenden deitar unha mirada distinta -captada polo obxectivo da cámara de Alberte Peiteavel- que ofrece toda unha escolma de excelencias que "son un orgullo para os ribeirenses e un reclamo para o turismo", asegura o editor.
“Sempre Riveira” convida ao lector a gozar dun xeito diferente dunha puxante vila que ao longo dos anos coñeceu un notable troco no seu desenvolvemento urbanístico, mudando sobre todo o aspecto da súa fachada marítima, e que continúa a medrar, impulsada polo esforzo de tódolos ribeirenses, nos eidos económico, social, cultural e turístico.
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio
Charla: o 10 de decembro, sobre Cunqueiro e Novoneyra no Ateneo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario