1.12.11

Noia: o STAND celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cun obradoiro de xogos e contos

Adriana

  • Constará de dúas sesións, o sábado 3 e o sábado 10 de decembro. Impárteo a monitora de teatro, Ana Carreira

Noia, 1 de decembro de 2011. O próximo sábado, día 3 de decembro, celebrarase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Para conmemoralo, o Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidade (STAND) do Concello de Noia vai levar a cabo un obradoiro de xogos e contos dirixido a nais e pais de nenos que acuden a este servizo.

Media_httpfarm7static_cjxge

Será impartido pola monitora de teatro, Ana Carreira, durante dous sábados consecutivos, os días 3 e 10 de decembro no local de Servizos Múltiples do Concello (tamén chamado Edificio Administrativo), na rúa Espírito Santo.

O STAND leva en funcionamento máis de 20 anos e é un servizo social específico (atención a nenos con discapacidade ou risco de padecela e as súas familias) de carácter público. Realízase atención temperá (0 a 6 anos) e atención á discapacidade infantil (6 a 14 anos). O ámbito de atención abrangue, ademais do concello de Noia, os de Lousame, Outes, Muros e Porto do Son.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical