Porto do Son, 1 de decembro de 2011. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de San Pedro de Muro convida a todo o mundo a participar nun obradoiro de compostaxe a celebrar o vindeiro sábado, 10 de decembro de 2011, no Centro de Interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro, en horario de 16:30 a 18:30 horas.
Os residuos orgánicos son máis abondosos polo que o seu tratamento é fundamental para o éxito do tratamento dos residuos na Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza.
Neste obradoiro danse as bases para unha correcta elaboración de compost mediante o proceso de compostaxe. Así, explicaranse os diferentes tipos de composteiros que se poden realizar ou mercar, os diferentes xeitos de colocar os residuos, que se pode e non botar, que tipos de compost se produce, etc. Con este obradoiro preténdese amosar que o tratamento destes residuos é doado e sinxelo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario