Boa parte da programación cultural dos concellos galegos máis próximos entre si solápase cada fin de semana
Ribeira, 25 de xaneiro de 2012.- A Casa do Concello de Ribeira vai dar cabida o vindeiro luns, día 30 de xaneiro, a unha reunión entre representantes das Corporacións Locais de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo co fin de desenvolver e implementar fórmulas de colaboración que redunden na valorización das rúas respectivas Áreas de Cultura e a coordinación de actividades.
Este labor coordinador de Áreas Municipais, que ten lugar a proposta de Manuel Ruiz Rivas tras a súa toma de posesión da presidencia da Mancomunidade Arousa Norte, vaise facer extensiva a outros departamentos, como Servizos Sociais, Deportes e Policías Locais. Así, está prevista a próxima celebración doutras tres reunións sobre estas temáticas nas localidades de Boiro, Rianxo e A Pobra, respectivamente.
Suxiren argallar un "Día da Mancomunidade"
Co mesmo espírito de optimizar a colaboración entre os municipios de Arousa Norte, proximamente vaise estudar tamén, a suxestión de Ruiz Rivas, a posta en marcha dun Día da Mancomunidade que tería frecuencia anual e carácter rotatorio polos distintos concellos de Arousa Norte. Trataría dunha xornada que daría cabida a actividades preferentemente de índole cultural e deportiva con participación dos catro municipios.
Ribeira: chegou a comisión delegada de Educación do Eixo Atlántico post.ly/4yjBs
— Certo (@Certo) January 25, 2012
Ribeira: xa se pode ollar "Paraísos non tan lonxanos" no auditorio, ata o 25 de febreiro post.ly/4yiFc
— Certo (@Certo) January 25, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario